Skip to main content
Axenda LUGOXALugo

A arquitectura lucense centra a nova mostra no Museo Provincial

Por 8 Xullo, 2022Sin comentarios

A vicepresidenta da Deputación de Lugo Maite Ferreiro asistiu onte á inauguración da mostra Arquitecturas Debuxadas. Lugo/Compostela do arquitecto e debuxante Santiago Catalán, que poderá verse na Sala de Exposicións do Museo Provincial de Lugo ata o vindeiro 30 de setembro.

Trátase de 121 debuxos de edificios e espazos representativos da arquitectura das cidades de Lugo – 54 debuxos – e Compostela – 67 debuxos-.

No caso de Lugo, a mostra ofrece un paseo visual que se deten na catedral, a casa do Concello, na Praza do Campo ou na Muralla, e nos edificios deseñados por arquitectos como Juan Álvarez de Mendoza, Luis Bellido, Nemesio Cobreros, Eloy Maquieira ou Alfredo Vila, que renovaron o urbanismo da cidade.

O compendio de ilustracións sobre Compostela artéllase ao redor da catedral e das rúas próximas, amosando detalles da súa arquitectura desde perspectivas diferentes e cunha mirada tridimensional que aproxima ao espectador a reflexionar sobre o proceso construtivo.

Na súa intervención, Maite Ferreiro convidou a visitar a exposición que “nos permite facer un paseo visual pola cidade e deter a mirada en  espazos, edificios, elementos arquitéctonicos, polos que pasamos a cotío sen reparar nela” e que definiu “como unha invitación a valorar o patrimonio co que contamos na cidade”.