Skip to main content
Lugo

A praza Maior, protagonista da obra gañadora do certame de pintura rápida de Lugo

Por 11 Xullo, 2022Xullo 13th, 2022Sin comentarios

Durante o día de onte, celebrouse a XXII edición do Certame de Pintura Rápida ao Aire Libre Cidade de Lugo. A riqueza patrimonial sumou un ano máis atractivos coa presenza de 30 artistas nas rúas da cidade, procedentes de distintas zonas do Estado, que inmortalizaron os distintos lugares da cidade en cadros con variados estilos e técnicas pictóricas.

O xurado, composto pola pintora Vicky Ribadulla; un representante da Escola de Arte e Deseño “Ramón Falcón” e o deseñador gráfico Iván Mouronte, escolleu como gañadores dos tres premios principais a, Eduardo Gómez Query de Chipiona – Cadiz co 1º premio (1.600 euros e diploma) cunha particular visión da praza Maior;  Pedro Cebrian Redondo de Segovia, co segundo premio (1.100 euros e diploma), cun deseño da Catedral de Santa María e o tamén segoviano Rafael Carrascal García quedou co terceiro posto (900 euros e diploma) grazas a unha perspectiva do río Miño.

Os 5 accésit (300 euros e diploma) foron para os seguintes participantes: Isabel Seidel, Abraham Pinto Mendoza, Raúl Gil Burés, Benigno Rodríguez Sánchez e Pablo Caurel Abad

En canto ao premio para o artista local, dotado de 450 euros e diploma, o xurado decidiu outorgarllo a María Uxía Amigo de Pacual.

A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, afirmou que o Certame de Pintura Rápida “contribúe a proxectar a riqueza patrimonial e cultural de Lugo, tanto entre os propios participantes, que chegan de todo o estado, como a través dos propios cadros, que recollen os recunchos máis fermosos da cidade”. Ao acto foron convidadas integrantes de todos os grupos que compoñen a corporación municipal.