Skip to main content
Lugo

Lugo recorda a Miguel Ángel Blanco, 25 anos despois do seu falecemento

Por 13 Xullo, 2022Sin comentarios

A Corporación da Deputación de Lugo, persoal da institución e veciños e veciñas sumáronse esta mañá, na Praza de San Marcos, aos cinco minutos de silencio convocados pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) con motivo dos 25 anos do asasinato terrorista de Miguel Ángel Blanco e en homenaxe e recoñecemento a todas as vítimas do terrorismo.

Tamén os membros do Concello de Lugo concentráronse ás 12.00 horas nun acto presidido pola Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, para gardar cinco minutos de silencio con motivo do 25 aniversario do asasinato do concelleiro de Ermua, como mostra de solidariedade con todas as vítimas e en repulsa de calquera clase de acto terrorista.