Skip to main content
Axenda CaducadaFolgoso do Courel

O CourelSon achega durante o mes de agosto o mellor jazz&blues

Por 10 Xullo, 2022Xullo 30th, 2022Sin comentarios

A Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Caurel os vindeiros días 15, 16 e 23,25 e 30 de xullo, cun programa de Jazz e Blues a altura dun paraxe espectacular no que se desenvolverá o festival CourelSon 22: Seoane, Vilamor, Folgoso, Seceda e Paderne.

Durante os concertos ofreceránse aos asistentes productos da zona e, ao día seguinte haberá pequenas rutas-paseos temáticos e interpretados, que serán dirixidos polos distintos axentes que traballan no territorio.

O venres 15 de xullo, en Seoane do Courel, será a quenda de Lucía Martínez Cuarteto, a baterista, compositora, exploradora e mestra de jazz viguesa. O sábado 16, The Fabulous Resaca Brothers, levarán o seu directo poderoso que non deixa a ninguén indiferente ata as terras de Vilamor.

O sábado 23 Los Winters actuarán en Folgoso. Este trío madrileño é a mellor banda homenaxe ao bluesman albino; Marcos Coll feat. Remy Bankyln actuarán o domingo 24 en Seceda, e achegarán o seu dominio da harmónica. Sumrrá será o prato final, o 30 de xullo en Paderne, e con eles desfrutarase do jazz galego máis internacional.