Skip to main content
Comarca TERRACHÁXA

O GDR Terra Chá aprobou concorrer aos fondos Leader

Por 6 Xullo, 2022Xullo 7th, 2022Sin comentarios

O GDR Terra Chá composto polos 10 concellos do territorio e máis de 140 asociacións do territorio aprobou na asemblea do 4 de xullo concorrer á nova convocatoria de fondo Leader 2023 – 2027.

Esta nova convocatoria implicará que se realice, durante os próximos meses, unha estratexia local participativa. Na elaboración desta estratexia contarase coa participación de todos os actores públicos e privados do territorio de actuación do GDR para que entre todos realícense achegas e elabórese unha estratexia territorial para os próximos anos.

Así mesmo na asemblea aprobouse a incorporación ao GDR de tres novas asociacións, Asociación de veciños de Vale, asociación amas de casa Santa Isabel da ilusión e a asociación veciñal e cultural Gueimonde. As dúas primeiras son do concello de Riotorto e a terceira é do concello da Pastoriza.

Por último, desde o GDR animou ás asociacións, organizacións profesionais, entidades de economía social (SAT, cooperativas, S.L.L.), comunidades de montes que realicen as súas actividades no territorio do GDR asóciense ao mesmo. Para iso poden solicitar a información e a documentación nas oficinas do GDR ou na web www.gdrterracha.org