Skip to main content
Axenda CaducadaCastro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

Amigos da Feira remata co cine na rúa en Castro de Rei con ‘Live is life’

Por 21 Xullo, 2022Xullo 24th, 2022Sin comentarios

A Asociación Amigos da Feira de Castro de Rei remata co seu programa de Cine na Rúa cunha nova proxección. Este sábado, 23 de xullo, ás 22.30 horas, no campo da feira (no Teleclub se chove) proxectarase Live is life,a última película do director monfortino Dani de la Torre, estreada recentemente nos cines. O filme, con guión de Albert Espinosa, rodouse maioritariamente na Ribeira Sacra.

Verán do 1985. Como cada ano, Rodri deixa Cataluña e viaxa coa súa familia ao pobo galego dos seus pais para reencontrarse coa súa cuadrilla. Con todo, este ano é distinto para el e os seus amigos. Os problemas do mundo real empezan a aparecer nas súas vidas, ameazando con separalos. Aferrándose á amizade que os une, os cinco amigos planean escaparse a noite de San Xoán na procura dunha flor máxica que, segundo conta a lenda, medra no alto dunha montaña e pode facer que os desexos se fagan realidade. Porque o seu único desexo agora é resolver o problema do seu amigo en apertos, e con iso poder seguir xuntos.