Skip to main content
Meira

O IES Pedregal de Irimia loce novo mural en favor da liberdade de expresión

Por 3 Xullo, 2022Sin comentarios

O IES Pedregal de Irimia de Meira ten novo mural no seu patio traseiro. A profesora de Debuxo Alicia Merino e o seu amigo Alberto Molino elaboraron a idea e plasmárona nesta parede que xa pode ser visitada por todos.

A través dunha nena berrando e rompendo unhas cadeas que simbolizan o descoñecemento, a ignorancia e os prexuízos: Quero expresarme libre é un mural que reivindica a liberdade de elección da xente nova; centrándose en potenciar as súas fortalezas e dirixindo a súa vida cara algo que verdadeiramente os encha.