Skip to main content
Axenda CaducadaMeira

Meira presenta o seu programa de festas

Por 25 Xullo, 2022Agosto 17th, 2022Sin comentarios

A Comisión de Festas de Meira fixo público o programa deste ano, no que se recupera a normalidade festiva con datas de celebración dende o 13 ao 17 de agosto, ambos os dous incluídos.

As festas, na honra da Nosa Señora e San Roque, terán o seu inicio o sábado 13 cunha sesión de cantos de taberna, que se desenolverán na vila a partir das 20.00 horas.

O domingo 14 as celebraións iniciaranse coa misa solemne, ás 13.00 horas, e a actuación da Banda de Acordeóns de Meira, en sesión vermú. Pola tarde será tempo dos nenos co espectáculo Circo Estrelas Máximas, na praza Maior a partir das 18.30 horas, seguido, dúas horas máis tarde, do concerto da Banda Municipal de Meira.

Á 22.00 horas as festas abriranse de forma oficial coa lectura do pregón a cargo de Andrés Goteira, director de cine e gañador do XIII Mestre Mateo, rematando a xornada coa verbena que dirixirán Super Fabrick e Music Scaffold con sesión de pirotecnia á medianoite.

O luns haberá pasacalles pola mañá coa charanga Os Trileros mentres que a misa estará cantada polo Coro Parroquial de Meira. Tamén haberá sesión vermú, nesta ocasión ao cargo da orquestra Lecer, que tamén estará pola noite na verbena xunto a Marbella.

Ese mesmo día, durante a tarde haberá competición de 3×3 ás 18.00 horas e concerto da Prebanda e o grupo de Saxofos dende as 20.00 horas.

O día de San Roque comezará coa saída da igrexa en procesión á capela de San Roque acompañada polo grupo de Gaitas de Meira e a Banda de Acordeóns local. FInalizará esta cunha misa maior á que seguirá a tradicional sesión vermú coa orquestra Coktail.

Pola tarde, ás 18.00 horas será a tradicional fessta infantil para pecha o día coa verbena a cargo de Cocktail e a actuación de Antonio Barros, ex canante da orquestra Kubo.

A fin de festa será o mércores coa tradicional xira campestre no porto da Pena, con actuación dunha charanga, grupo musical e discoteca móbil, ademais de xogos populares.