Skip to main content
Axenda CaducadaVilalba

Biciclistas Galegos organiza unha andaina nocturna este sábado en Vilalba

Por 13 Xullo, 2022Xullo 16th, 2022Sin comentarios

Os Biciclistas Galegos, despois da organización da IV ruta solidaria en familia o pasado sábado 9 de xullo, convocan en Vilalba unha nova cita esta fin de semana, concretamente o sábado.

Trátase dunha andaina nocturna que terá lugar a partir das 21.00 horas con saída da praza da Constitución. Nesta cita terán lugar distintas distancias e distintas alternativas sinalizadas.

Os participantes deberán levar linterna e para participar terán que pagar un prezo de 3 euros que inclúe seguros, avituallamento e marcaxe.