Skip to main content
BarreirosComarca AMARIÑAXARibadeo

Está aberto o proceso de selección para o obradoiro de emprego Vilas Coidadoras de Ribadeo e Barreiros

Por 30 Agosto, 2022Sin comentarios

Está aberto o proceso de selección para o obradoiro de emprego Vilas Coidadoras, que poñen en marcha en setembro os Concellos de Ribadeo e de Barreiros e que se centrará nas necesidades de atención dos nosos maiores. 

A alcaldesa en funcións, Mónica Freire, explicou que “os Concellos de Ribadeo e Barreiros poñen en marcha en setembro Vilas Coidadoras,  un novo obradoiro de emprego co que se favorecerá a inserción laboral de 20 persoas desempregadas de ámbolos dous concellos, capacitándoas profesionalmente en dúas especialidades formativas: atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións e dinamización, programación e desenvolvemento de accións culturais”.

A rexedora dixo que “por ese motivo está aberta a convocatoria dos seguintes postos de traballo: 1 persoa administrativa, 2 persoas docentes e 20 alumnas e alumnos. A duración do obradoiro será de 12 meses, ao final dos cales, as persoas participantes rematarán obtendo unha titulación oficial en materia da especialidade que cursen”.

Freire Rancaño indicou que “as persoas que desexen inscribirse como alumnado deberán facelo a través da Oficina de Emprego de Ribadeo. Para os outros postos poderán facelo ben a través de Oficina de Emprego ou entregando a súa documentación no Concello, de xeito presencial ou a través da sede electrónica”. 

Mónica Freire engadiu que “a posta en marcha deste obradoiro repercutirá na vida diaria dos nosos maiores dun xeito moi positivo e lúdico, á vez que permitirá a aprendizaxe e capacitación de 20 persoas para desempeñar este traballo, feitos ambos que consideramos moi favorables, tanto para o Concello de Ribadeo como para o de Barreiros”.