Skip to main content
AlfozAxenda Caducada

As festas de Bacoi en Alfoz comezarán cunha gran churrascada

Por 12 Agosto, 2022Agosto 15th, 2022Sin comentarios

As festas de Bacoi, en Alfoz, na honra da Nosa Señora, comezarán este vindeiro domingo, 14 de agosto e seguirán ao día seguinte. Nesta primeira xornada, ás 21.00 horas, a festividade iniciaráse cunha gran churrascada que virá logo amenizada polo dúo Epo-k e unha discoteca móbil.

Xa o luns, 15 de agosto, trala misa solemne e a procesión, os alfocenses disfrutarán cunha sesión vermú a cargo do Grupo Fénix que volverá a subir ao escenario na verbena das 22.00 horas.

O Concello de Alfoz e a Deputación de Lugo colaboran coa directiva da asociación de veciños de Bacoi, para organizar estes festexos.