Skip to main content
Axenda CaducadaBarreirosDeportes AMARIÑAXA

Chega a terceira proba puntuable do circuito de carreiras +kmsbarreiros

Por 1 Agosto, 2022Agosto 18th, 2022Sin comentarios

Chega a terceira proba puntuable para o circuito de carreiras local +kmsbarreiros organizado polo Concello de Barreiros a través da área de Dinamización e Participación Veciñal.

O vindeiro 6 de agosto terá lugar a xa clásica carreira popular Benquerencia Terra Mar organizada pola Asociación Deportiva Augas Santas Barreiros e o Concello de Barreiros e que conta coa colaboración da Deputación de Lugo desde a Área de deportes; da Xunta de Galicia desde a Secretaría Xeral para o Deporte; e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Barreiros.

A Benquerencia Terra Mar é unha proba singular onde as haxa pola espectacularidade do seu percorrido xa que esta discorre por zonas rápidas de asfalto, logo 1250 metros pola area que poñen a proba a resistencia dos e das atletas e 300 metros pola beira da auga que lle poñen un extra de diversión e dificultade a partes iguais.

As probas infantís serán ás 16.30 horas con varias distancias segundo categoría, e a inscrición é gratuíta ata o mércores 3 de agosto.

No tocante á carreira absoluta, que será ás 17.30 horas, o fin de inscricións será o mércores 3 de agosto.

A proba está incluída dentro dos circuítos +kmsBarreiros e Tour Mariña, polos que os inscritos participan automaticamente nestes circuítos.

Para máis información así como para formalizar a inscrición deberase consultar as web www.maiskmsbarreiros.gal e www.championchipnorte.com.