Skip to main content
Cultura AMARIÑAXAFoz

Pablo Fraga, Asociación Desembarco Normando: “Este ano haberá dous días de concertos, o 26 e o 27“

Por 21 Agosto, 2022Decembro 18th, 2023Sin comentarios
Por Ana Somoza López.

Pablo Fraga, presidente da Asociación Desembarco Normando, que leva 10 anos á fronte desta tradicional festa de recreación histórica.

Quen está á fronte da organización?

Na asociación somo 7 persoas e só nos dedicamos a esta festa en concreto. Pero cada membro pertence a outra diferente polo que sempre nos botamos unha man uns aos outros en todas as celebración.

Como empezou a aventura da Festa Normanda?

A primeira festa Normanda fíxose hai exactamente 12 anos da man do Concello e a ACIA. E despois de dúas edicións fixémonos cargo nós. Polo que para nós é o décimo aniversario.

Que novidades haberá?

Será unha programación similar aos outros anos, pero a novidade é que este ano haberá dous días de concertos, o venres 26 actuarán Monolius Dop ás 23.00 horas, e o sábado 27 a Banda Xangai ás 22.00 horas. Ambos serán no recinto normando. Tamén haberá unha obra de teatro o venres a cargo dos veciños de San Martiño.

Son 4 días de festas con moitas actividades.

Por iso intentaremos non solapar as actividades na medida do que nos sexa posible para que todo o mundo poida desfrutar e así a xente estará repartida por toda a vila.

Xa foi a presentación oficial, non?

Si, foi o 24 de xullo e repartimos ovos fritidos con patacas e chourizos e tivemos un desfile de roupa normanda a cargo de Antolinas Atelier. A idea era facer este acto para que todo o mundo saiba da festa e, de paso, recadar fondos porque despois de dous anos sen facerse, arrincábamos de cero e agora mesmo todo está máis.

Haberá pregón?

Si, e este ano correrá a cargo de Marcos Fernández, Chila, empresario dunha asesoría de Foz.

Será no mesmo lugar?

Si, nesta ocasión volvemos para o Bispo Santo pois o ano pasado pola situación da pandemia tivemos que trasladala a Conde Fontao.

Lembran algún momento especial?

Lembro que na primeira edición a ACIA chamounos para botar unha man a todas as asociacións focegas. E nos encantados de participar nunha festa así. Tamén lembro que fun nun kaiak que me deixou un amigo meu que era o presidente do Club Kaiak de Foz, e vestímolos como puidemos, e fomos remando e tiveron que vir os socorristas a axudarnos.