Skip to main content
Mondoñedo

Recuperada a policromía do retablo e pinturas murais da catedral de Mondoñedo

Por 3 Agosto, 2022Agosto 4th, 2022Sin comentarios

Restaurouse a policromía do retablo e pinturas murais da catedral de Mondoñedo cun investimento superior aos 270.000 euros, dentro do Plan Catedrais.

Entre as distintas intervencións, fíxose un estudo medioambiental e documentáronse as características técnicas da superficie do conxunto mural restaurado e no retablo, a limpeza superficial descubriu as cores orixinais e tamén se limpou e acondicionou o cadeirado do coro,

O titular de CulturaRomán Rodríguez, salientou que se trata da primeira dunha decena de actuacións enmarcadas no Plan Catedrais posto en marcha pola Xunta nos grandes templos catedralicos e que destina 6,5M€ a esta basílica. “A folla de ruta que temos en marcha para afrontar a década xacobea nas mellores condicións achega resultados tan visibles e destacados como o que presentamos hoxe, que permite que a Catedral de Mondoñedo recobre hoxe parte da súa singularidade e do seu valor patrimonial”, indicou.

As actuacións contaron cun investimento de 270.000 euros e están cofinanciadas co programa FEDER Galicia 14-20. Actuouse no conxunto mural do presbiterio, cruceiro e nave, no retablo e no cadeirado do coro. Entre as distintas intervencións, realizouse un estudo medioambiental recollendo as medidas de humidade e temperatura e documentáronse as características técnicas da superficie do conxunto mural. Simultaneamente realizouse a restauración do conxunto mural con diferentes limpezas, consolidando estratos pictóricos e alixeirando vernices escurecidos.

Fíxose tamén unha reintegración cromática para dotar ao conxunto dunha correcta lectura que puxese en valor os restos de policromía que se conservaron ser desvirtuar o ciclo pictórico. No caso do retablo, desempeñáronse traballos de fixación e asentado naqueles estratos de policromía que pola súa debilidade de adhesión ao soporte presentaban risco elevado de perda. Tamén se aplicou un tratamento antixilófagos e se actuou na carpintería para as zonas de soporte debilitadas e nos casos necesarios. 

Durante os traballos retiráronse elementos metálicos engadidos que non exercían ningunha función na actualidade e a limpeza superficial descubriu as cores orixinais, retirando manchas nalgunhas zonas das encarnacións. No cadeirado de coro, procedeuse á limpeza e eliminación de sucesivos vernices antigos. 

Revalorización do templo

O conselleiro de Cultura salientou que con todos estes traballos continúase a revalorizar o papel da Catedral de Mondoñedo como un dos máis destacados recursos patrimoniais da Mariña lucense e do Camiño do Norte “que é importante compartir tanto cos veciños como cos numerosos peregrinos que escollen esta Ruta Xacobea”, expresou durante o acto que contou coa actuación musical do grupo Milladoiro. 

Unhas intervencións que se suman ás que a Xunta leva impulsando na Catedral nos últimos anos, como a restauración de vidrierias ou da portada occidental, así como a restauración da cuberta e claustro ou a da Casa dos Coengos. Tamén en Mondoñedo, o Goberno autonómico impulsa a restauración da capela da venerable Orde Terceira do antigo Convento de Alcántara.