Skip to main content
Axenda CaducadaMondoñedo

Treixadura actuará na praza da catedral de Mondoñedo en setembro

Por 26 Agosto, 2022Setembro 10th, 2022Sin comentarios

Treixadura actuará da man do Xacobeo na praza da catedral de Mondoñedo o sábado 10 de setembro. Este concerto englóbase no marco das festas patronais e coincindo co X aniversario dos cantos de Taberna

A cita foi presentada polo alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero, acompañado do concelleiro de Cultura, Alberto García, a presidenta da asociación Gaitaescola, Teresa Lodos, e do seu vicepresidente, César Picoaga.

O concerto do grupo galego terá lugar o vindeiro sábado 10 de setembro ás 22.30 horas, na praza da Catedral. Este evento, organizado por Gaitaescola, está xa consolidado dentro da programación cultural da localidade e atrae cada ano a unha ducia de grupos de toda Galicia que durante o serán do sábado animan as rúas e prazas do casco histórico e se estende ata a madrugada.

Treixadura, creado en 1990, está inmerso actualmente na xira de presentación do seu novo traballo, Camiño longo, no que recuperan as melodías dos seus inicios e celebran os máis de 30 anos de andaina do grupo.

ACTIVIDADES

O concerto é un dos pratos fortes da fin de semana festiva que se agarda na cidade episcopal, onde se celebran as festas na honra da Virxe dos Remedios, patroa non só do municipio senón de toda a Diocese.

Sen embargo, non so o concerto destacará neste día. Ás 20 horas haberá una xuntanza dos grupos participantes nos Cantos de Taberna e despois do concerto os asistentes poderán desfrutar da foliada aberta.

Dende o goberno local agradecen á Xunta de Galicia “o seu apoio que se materializa co patrocinio desta importante actuación musical, unha mostra máis do compromiso do goberno galego coa cultura e música galega e tamén con Mondoñedo, berce de innumerables manifestacións artísticas ao longo da historia, e que na actualidade constitúe un referente cultural na nosa comunidade”.