Skip to main content
Mondoñedo

Oirán, en Mondoñedo, celebra as súas festas en maio

Por 21 Abril, 2024Sin comentarios

A parroquia de Oirán, en Mondoñedo, celebra as súas festas na honra á Virxe dos Milagres o 24 e 25 de maio. O programa comeza o venres con misas e misa solemne, procesión e sesión vermú amenizada polo grupo Montreal a partir das 13.00 horas. A formación estará acompañada polo grupo Sandra na verbena.

O programa continúa o sábado de novo con misa solemne, procesión e sesión vermú amenizada pola orquestra D´Noche, que tamén actuará á noite xunto co dúo Estrellas.