Skip to main content
A PontenovaAxenda Caducada

A parroquia de San Pedro de Fiz, na Pontenova, organiza a súa tradicional romaría

Por 2 Agosto, 2022Agosto 7th, 2022Sin comentarios

A parroquia de San Pedro de Fiz, no Concello da Pontenova, organiza a súa tradicional romaría o primeiro domingo do mes de agosto, é dicir, o día 7 de agosto.

Esta romaría é a máis popular neste municipio da provincia de Lugo e contará cun xantar no campo de festa e as diferentes misas ao longo da mañá dende as 9.00 horas ata as 13.00 horas seguidas de procesión con gaitas ao redor do santuario.

Despois haberá unha sesión vermú co dúo Vivarium que tamén amenizará a verbena da noite xunto a orquestra Blanco y Negro.