Skip to main content
Axenda CaducadaRibadeo

Esta sábado Comeza a XXXII Semana Náutica de Ribadeo

Por 4 Agosto, 2022Agosto 21st, 2022Sin comentarios

Desde hoxe e ata o día 21 de agosto os visitantes e amantes da navegación poderán desfrutar en Ribadeo da trixésima segunda edición da Semana Náutica.

Esta actividade deportiva, todo un clásico do verán, arrincará este sábado 6 coas probas da novena edición do trofeo dos comerciantes Acisa- Acia e está organizada polo Real Club Náutico desta vila mariñá.  

Este evento é unha oportunidade para descubrir as actividades náutico deportivas que se desenvolven nesta localidade e supón un aliciente máis para o turismo da zona.