Skip to main content
Ribadeo

Melloran a rede de saneamento municipal de Ribadeo

Por 27 Abril, 2024Abril 28th, 2024Sin comentarios

O Concello de Ribadeo mellora a rúa Manuela Barreiro e constrúe unha nova canalización de augas pluviais entre a Avenida de América e o Camiño da Granxa. “As farolas non podían quedar situadas nun sitio onde estorban e tivemos que colocalas ben, tanto contra a rotonda de Vilaselán, no inicio da rúa Manuela Barreiro, como tamén na zona máis estreita dese vial, nese canellón onde as farolas interrompen moito o tráfico e situámolas na parcela da Escola da Idiomas, co permiso da Xunta”, explica o alcalde, Dani Vega.

Seguramente nese punto terán que adoptar medidas a curto prazo, “pero de momento temos que concluír o proxecto tal e como está porque temos unhasubvención da Deputación e debemos cinguirnos ao proxecto actual”. O rexedor municipal engade que esta obra supera os 215.000 euros e agora imos concretala así, pero a curto prazo estamos xestionando para adoptar medidas significativas e que melloren toda a rúa Manuela Barreiro”.

Ata o momento acometeron a separativa de fecais e pluviais e están a redactar a memoria valorada para describir as obras que se pretenden realizar por parte do Concello con fondos propios, cun orzamento superior ao 15.000 euros, co fin de obter unha mellora das infraestruturas locais. A actuación vai servir para mellorar o servizo de saneamento municipal, no que terán que facer moito investimento nos próximos anos, tratando de executar unha parte do mesmo cunha rede separativa de fecais e de pluviais, que comunica a Avenida de América co Camiño da Granxa, pasando por dúas rúas que forman parte do grupo Francisco Iglesias, no casco urbano.

O obxectivo é separar as fecais das pluviais, porque realmente “é importante que non emitamos todas as augas pluviais á depuradora porque iso ten consecuencias moi negativas”. Para levar a cabo as obras, falaron cos propietarios da rúa Manuela Barreiro para “explicarlles todo o que con anterioridade se lles negou e que nosoutros entendemos que son propostas moi sensatas e que debemos concretar, pero previo a esa decisión ten que haber unha xestión para conseguir máis orzamento”. Indica que os traballos seguen a bo ritmo e que as medidas separar esas fecais das pluviais xa van mellorar toda a  rede de saneamento.