Skip to main content
Mar AMARIÑAXARibadeo

O Club Náutico de Ribadeo acolle unha actividade sobre o xacemento arqueolóxico

Por 21 Agosto, 2022Sin comentarios

O Club Náutico de Ribadeo acolle o vindeiro 3 de setembro a partir das 8.00 horas unha actividade sobre o xacemento arqueolóxico da Ría de Ribadeo.

Esta actividade estará a cargo do doutor Miguel San Claudio, arqueólogo investigador quen lidera a investigación do pecio coñecido como Santiago de Galiza.

Para participar será necesario contar co título de buceo e seguro, aínda que no caso de contar con este último poderase solicitar para esta xornada.

Para inscribirse haberá que achegarse ata a área de desenvolvemento local do Concello de Ribadeo ou chamando ao teléfono 982 128 650.