Skip to main content
Axenda CaducadaOurol

O edificio multiusos de Ourol acolle a exposición Luces alén do mar

Por 1 Agosto, 2022Agosto 7th, 2022Sin comentarios

O edificio multiusos do Concello de Ourol acolle os días 5, 6 e 7 de agosto a exposición Luces alén do mar: as escolas de americanos en Galicia.

A mostra, cedida polo Consello da Cultura Galega, poderase visitar en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas.

Esta exposición pretende recoller e difundir as realizacións que con cartos americanos, enviados polos indianos pero sobre todo polas sociedades de instrución creadas polos nosos emigrantes con ese fin, no eido educativo en Galicia.

Para introducir o tema faise unha valoración do que supuxo a emigración na nosa terra, o tema das fundacións indianas, a creación das macrosociedades (Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia na Habana, Centro Galego da Habana, Centro Galego de Bos Aires, etc. como sociedades instrutivas para os nosos emigrantes alá en América e ata a actualidade), a situación do ensino en Galicia a finais do século XIX e comezos do XX, a xénese das sociedades microterritoriais de carácter instrutivos e as súas realizacións nos seus pobos e parroquias de orixe (no momento da súa creación e na actualidade), os programas educativos que se facían nesas escolas de americanos, o enxoval, o día a día nas clases, a repercusión que na sociedade galega tivo a creación desas escolas, a situación dos edificios escolares na actualidade, etc.