Nova programación de tardeos e noiteos para o mes de agosto

Hoxe da comenzo a programación de tardeos e noiteos do mes agosto enmarcado dentro da iniciativa municipal Localmente Lucense. Unha proposto que chega a todos os barrios da cidade e está pensada para todas as idades que ten como obxetivo dinamizar as rúas e os barrios así como impulsar as compras e o consumo no comercio e a hostalería local.
Os tardeos terán lugar de 17:00 a 20:00 e están formados por un pasarrúas con carriño musical, unha actividade infantil e unha sesión dj. De 21:00 a 23:00 terán lugar os noiteos que constarán dunha actividade (espectáculo ou actuación musical) variada co obxectivo de chegar á maior parte da poboación: maxia, monólogos, recitais de poesía, música en directo…
Programación para esta semana:
Luns 1 agosto:
- Tardeo na praza Roxa de Fingoi: Xoguemos cos avós: xogos populares galegos e DJ Mr Fishman
- Noiteo na praza da Soidade coa actuación musical de Wicked World
Mércores 3 agosto:
- Tardeo no parque Sagrado Corazón con Funny Photocall e DJ Lanneti Jr.
- Noiteo na rúa Divina Pastora coa actuación musical con Mustélidos
Venres 5 agosto:
- Tardeo na praza Anxo Fernández Gómez cun xogo de palas:Spiribol Challenge e DJ Marcos Peón.
- Noiteo na Fonte dos Ranchos coa actuación musical de ¿Pero cómo que Señor?
Sábado 6 agosto:
- Noiteo na rúa Rafael de Vega coa actuación musical de GreenBook