Axenda
Monterroso abre as inscricións para a súa carreira San Silvestre, que se celebrará o 27 de decembro
A proba contará con diferentes categorías e distancias adaptadas a todas as idades, desde os 150 metros para os máis pequenos ata os 4,5 quilómetros da carreira absoluta
A Festa do Viño Novo da Teixeira abrirá a venda de entradas ao público xeral o 6 de novembro
Tras o prazo reservado á veciñanza, o Concello abrirá do 6 ao 13 de novembro a reserva das entradas restantes a calquera persoa interesada en asistir ao evento
Rebulir Cultura Tradicional celebra os seus 20 anos coa gala Beizón no Teatro Principal de Ourense
O Teatro Principal da cidade acollerá o vindeiro 20 de novembro un acto conmemorativo centrado no baile, a música e as tradicións populares
Monforte de Lemos recibirá o 5 de novembro a obra ‘Mofa e Befa: Os dous de sempre’
O montaxe, inspirado nos personaxes creados por Castelao, representarase dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios
Lugo reunirá voces de Galicia, Portugal, Brasil e Cabo Verde no encontro artístico Galeguía
A cita celebrarase do 13 ao 15 de novembro con palestras, obradoiros, un concerto e unha xuntanza para impulsar a creación dun grupo de canto colectivo arredor das tradicións populares da lusofonía
O Carballiño prepara un fin de semana de Samaín con túnel do terror, inchables e chocolatada gratuíta
A programación, pensada para a infancia e a mocidade, desenvolverase o venres e o sábado con actividades en distintos puntos da vila, entre elas unha chocolatada con bica de acceso libre
Peleriños organiza un obradoiro de costura de lensas en Sarria
A actividade, impartida por Yerai Paz, do Obradoiro O Sarillo, desenvolverase os días 15 e 29 de novembro e 20 de decembro na Casa da Cultura
'O censor de monstros' chega ao Pereiro de Aguiar o 27 de outubro
O espectáculo será no Salón de Actos dos Gozos, dentro da programación impulsada pola rede de auditorios provincial
O Saviñao prepara a súa festa de Samaín con atraccións infantís e propostas gastronómicas
O pavillón da localidade reunirá inchables, coches de choque e un túnel do terror, entre outras propostas pensadas para todos os públicos
Barbadás e Piñor xuntan música tradicional, natureza e magosto no V Festival da Música Tradicional e Popular
A Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia organiza para a vindeira fin de semana un festival de folclore galego, unha ruta de sendeirismo pola contorna natural e a celebración tradicional do magosto
Dez locais de Foz participan na Oktober Fest os días 23 e 24 de outubro
A iniciativa, organizada por AciaFozCCA, ofrecerá diferentes variedades de cervexa e tapas especiais para dinamizar a hostalaría local e dar a benvida ao outono
Monterroso prepara a Feira de Santos do 1 de novembro, unha das grandes citas tradicionais de Galicia
A celebración, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, volverá reunir feira, gastronomía, música, cultura e tradición, xunto coa recepción de autoridades e as visitas ao museo e ao recinto feiral
A Pontenova celebrará o Magosto cunha andaina de 5,6 quilómetros e un xantar
A Asociación Cultural e Deportiva Carro Tarabelo organiza a xornada, que rematará cunha comida a base de empanada e castañas asadas na Praza dos Fornos
A carreira "Ao Son do Masma" levará o deporte e a natureza ás Escolas de Celeiro de Mariñaos
A proba forma parte do Circuíto Kms Barreiros, unha iniciativa que combina deporte, natureza e paisaxe baixo o lema "Reis, Praias, Terra e Mar"
Lugo ofrece obradoiros gratuítos e rutas pola natureza para a mocidade este outono
A programación da Casa da Xuventude desenvolverase do 19 de outubro ao 23 de decembro e inclúe fotografía, cociña, zumba, esgrima, ioga e cinco saídas pola provincia
Barreiros impulsa 'Vivir o Mar' para fomentar a alimentación saudable e o deporte entre a mocidade
O proxecto inclúe oito obradoiros nos colexios de San Cosme e San Miguel de Reinante, dous certames escolares e actividades vinculadas á Carreira das Praias, cun investimento de 35.446,95 euros
Burela dedica unha semana aos dereitos da infancia e da adolescencia con actividades e formacións
A programación desenvolverase do 19 ao 23 de outubro e inclúe xogos na praza do Concello, unha mesa redonda sobre educación sen discriminación e un concerto do grupo adolescente Blood Skeleton
Eventos
Cervantes acolle a VI Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares o vindeiro 24 de outubro
A cita, organizada polas Argalleiras coa colaboración de A Carqueixa, incluirá música tradicional, unha homenaxe a Sandra de Vilaver e a XIV Feira de Artesanía
A Panorama e un espectáculo de drons poñerán o broche final ás festas de Lugo
A última xornada das festas lucenses combinará música, verbenas, tradición e unha exhibición aérea en San Fiz antes do concerto da orquestra Panorama
Baleira reunirá o mel da montaña lucense na súa novena feira os días 24 e 25 de outubro
A cita organizada polo GDR3 incluirá obradoiros, catas, xogos populares, un torneo de billarda, un magosto e o concurso para elixir o Mellor Mel da Montaña Lucense
Malú protagoniza a gran noite do venres 9 de outubro en Lugo
A cantante actuará ás 22.00 horas na praza do Seminario nunha xornada que tamén contará con Las Minas Flamenco Tour, Os Festicultores, Espazo Hip Hop e numerosas propostas culturais
Celtas Cortos leva o seu folk ao San Froilán de Lugo este xoves 8
Ademais, o "San Froilán Sorrí" reunirá aos humoristas David Amor e Carlos Blanco na praza de Santa María nunha xornada con teatro familiar, artesanía, música tradicional, pasarrúas e verbenas
Monterroso celebrará o 16 de outubro a Festa da Terceira Idade
As persoas xubiladas empadroadas no municipio poderán participar de balde nesta xornada de encontro e confraternidade, que terá lugar na Cúpula
9louro e The Rapants poñen música ao martes en Lugo
A xornada contará tamén con propostas de música tradicional, maxia, pasarrúas e o espectáculo DJ Sinfónico Terranova + La Vera Notte










