Skip to main content
Axenda CaducadaOurol

Despois de dous anos sin festas, este ano volven as patronais de Ourol

Por 8 Agosto, 2022Agosto 15th, 2022Sin comentarios

Despois de dous anos sin festas pola pandemia, este ano volven as patronais do Concello de Ourol que serán do 13 ao 15 de agosto.

A xornada do sábado 13 haberá unha competición ciclista, oGran premio San Roque-Ourol, que dará comezo ás 10.00 horas. E ao día seguinte, ás 21.00 horas, será o pregón a cargo de Javier Mariño Chao, veciño de Ourol e autor do libro Las jarras del trotamundos.

Máis tarde será a gran cea popular servida por Catering Rochela de Vilalba e a continuación gran verbena amenizada pola orquestra Venezia e o grupo Fénix.

O último día de festa, o luns 15 de agosto, ás 13.00 horas será a misa solemne seguida da procesión e a sesión vermú prolongada no atrio da igrexa a cargo do grupo Tapyoka.