Skip to main content
Axenda CaducadaLourenzá

Mañá comeza a festa do Conde Santo de Lourenzá

Por 25 Agosto, 2022Agosto 29th, 2022Sin comentarios

O Concello de Lourenzá celebrará dende mañá venres 26 de agosto e ata o luns 29 as festas do Conde Santo, unhas datas moi especiais para toda a veciñanza laurentina.

Así, como é tradición, comezan o último venres de agosto, a festa comezará ás 19.00 horas co Día da Bici e despois, ás 22.00 horas, será a Farra do Conde e a cea-baile coa actuación de Toxo Guayaba e música de Djs. A venda de tiquets será nos bares da vila.

O sábado 27 pola mañá será a actuación da Banda de Música de Lourenzá e a saída dos Cocos ás 11.30 horas, que dará paso á misa e a procesión, seguido da sesión vermú a cargo de Distrito 7 quen tamén porá a nota musical pola noite na gran verbena xunta a La Banda de Nash. Pola tarde haberá espectáculo de maxia no claustro e os cocos volverán sair ás 17.30 horas e despois os veciños desfrutarán dunha actuación de Osorio Gutiérrez.

A xornada do domingo 28 volverán sair os cocos pola mañá e pola tarde, e haberá misa e sesión vermú a cargo de La Favorta e pola noite repetirá coa orquestra Nueva Fuerza. Tamén pola tarde será a presentación do libro de Manuel Román Ramos da Asociación Patrimonio Laurentino.

Xa o luns, a última xornada festiva, os cocos despediranse dos visitantes ata o ano que vén a partir dás 11.30 horas e máis tarde será a sesión vermú con D’Vicio para rematar as festas.

Estas festas están adicadas ao Conde Osorio Gutiérrez, máis coñecido como Conde Santo, que foi o fundador do Mosterio de San Salvador. Das festas destacan especialmente dúas tradicións, unha delas é o pasacalles que todos os días realizan os xigantes e cabezudos, tamén chamados cocos. 

A outra tradición desta festa consiste na visita ao sepulcro do Conde Santo o domingo despois da misa. Conta a lenda que introducindo un dedo no burato situado na parte baixa do sepulcro, o que consiga tocar os osos do Conde Santo verá cumpridos os seus desexos.