Skip to main content
Axenda CaducadaO Corgo

Nieves Neira dará un recital poético e presentará o seu novo libro no Corgo

Por 22 Agosto, 2022Sin comentarios

Hoxe luns 22 de agosto a biblioteca do Punto de Atención á Lectura do Corgo acolle a partir das 20h unha nova actividade dentro da programación cultural do verán desenvolvida polo Proxecto Corgoral, un recital poético a cargo da recoñecida escritora Nieves Neira, quen tamén presentará o seu novo libro.

Nieves Neira como autora versátil e polifacética, cultiva varios xéneros literarios, dende o ensaio até a poesía, pasando polo xornalismo. Recibiu o Premio Johán Carballeira e ten publicado os fermosos libros O feitizo de Maruja Roca (2020) e Neve en Agosto (2022).

Durante a súa  lectura escénica, Nieves estará acompañada polos máxicos sons de cunchas e cántaros producidos polo virtuoso percusionista Rafa Mallo (batería da coñecida banda de indie rock Triángulo de amor bizarro). Asemade, o acto rematará coa presentación pública do seu último poemario e coa sinatura de exemplares para todas as persoas interesadas en facerse con un exemplar do mesmo.