Skip to main content
A FonsagradaAxenda Caducada

A Fonsagrada acolle a exposición A memoria do son ata o 31 de setembro

Por 22 Agosto, 2022Outubro 1st, 2022Sin comentarios

A Vicepresidencia da Deputación lucense, coincidindo co 70 aniversario da fundación do Centro de Artesanía e Deseño (Centrade), exhibe no Museo Comarcal da Fonsagrada o proxecto A memoria do son ata o 31 de setembro.

Estra mostra itinerante compendia o resultado das investigacións sobre a música e instrumentos medievais que se desenvolveron no taller de instrumentos musicais do Centrade. Sete instrumentos construídos a partir da iconografía do Pórtico da Gloria da catedral de Santiago de Compostela, do Pazo de Xelmírez e das cantigas de Alfonso X son os protagonistas da mostra: unha ziga, unha rota, unha cítola, unha zanfona, unha viola de perna, unha viola de brazo e un organistro.

Ademais, a exposición, comisariada por Luciano Pérez, complétase cun catálogo guía en varios idiomas, gravacións co son de cada instrumento, para descargar a través de códigos QR, e un salterio con tres partituras diferentes para que as persoas que visiten a mostra poidan tocalo.

A mostra A memoria do son coincide co 70 aniversario da fundación do taller de instrumentos musicais galegos polo artesán Paulino Pérez –recoñecido por ser pioneiro na Galicia en construción de zanfonas– no ano 1951 co apoio da Deputación de Lugo. O taller, que tivo como primeira localización o Pazo de San Marcos, na cidade amurallada, orientouse á construción, recuperación e revitalización de instrumentos do patrimonio musical galego e á formación de mestres artesáns.

Desde o ano 1995, o taller permanece integrado no Centro de Artesanía e Deseño, espazo que acolle unha exposición permanente de Instrumentos Musicais e Obxectos Sonoros, recoñecida como unha das coleccións máis importante en Europa de instrumentos de corda medievais dos séculos XII e XIII.