Skip to main content
Lugo

A superavoa de Lugo xa ten o seu mural na praza do Sagrado Corazón

Por 20 Agosto, 2022Sin comentarios

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, e o concelleiro de Educación Felipe Rivas visitaron a praza do Sagrado Corazón, xunto con Sonsa, a veciña de Albeiros protagonista do novo mural desta praza, dentro do proxecto Superavoas, do muralista Joseba Muruzábal, coñecido como Yoseba MP.

Maite Ferreiro explicou que desde a área de Cultura “seguimos a traballar en intervencións artísticas na rúa que convirtan a Lugo nun lugar vangardista, participativo e amable, completando a renovación integral da praza do Sagrado Corazón cun dos proxectos máis recoñecidos dentro do muralismo a nivel galego e estatal”.

Culturbán é mostra de arte na rúa, organizado e coordinado pola Área de Cultura do Concello de Lugo xunto a Espazo Lupa Arte que este ano celebra a súa III edición. Desde o Goberno de Lugo proponse un proxecto adicado a crear, producir e apoiar actividades relacionados coa arte urbana co obxectivo de propiciar e difundir as intervencións artísticas no espazo público, programando diversas actividades sobre arte e cultura en diferentes lugares e espazos da cidade de Lugo.

Joseba Muruzábal, coñecido como Yoseba MP, é uns dous máximos expoñentes da pintura contemporánea en galega. Licenciado en Belas Artes, ou seu traballo caracterízase por un marcado estilo hiper realista, e en ocasións unido ao surrealismo, onde mostra escenas cotiás, a través dunha pincelada moi suxestiva e de forte influencia fotográfica. Desde os seus comezos o seu proxecto Superavoas  adquiriu un importante éxito, sendo as súas obras seleccionadas en numerosos certames e premiadas en varios concursos de artes plásticas.

Para o seu traballo en Lugo, escolleu a Sonsa, veciña do barrio de Albeiros que conta cun gran coñecemento da historia do barrio e da cidade.