Skip to main content
Monforte

Amplíase o prazo de inscrición para participar como cabezudo nas festas patronais de Monforte

Por 9 Agosto, 2022Agosto 11th, 2022Sin comentarios

O Concello de  Monforte informa que vén de ampliar o prazo para as persoas que desexen participar como cabezudos e xigantes nas Festas Patronais deste ano, en concreto ata este xoves 11 de agosto.

Para elo, deberán realizar a pertinente inscrición nas oficinas do rexistro municipal, situadas na Casa do Concello, entre as 9.00 e as 14.00 horas.

O Concello dispón aínda de prazas para realizar esta actividade que se asignarán por rigorosa orde de inscrición.

Os cabezudos percorrerán as rúas do centro da cidade o domingo 14 de agosto en horario matinal.

Esta actividade terá remuneración económica de 25€ e para poder participar nela, ademais de realizar a inscrición no rexistro, haberá que ser maior de idade ou, no caso de ser menor, contar coa preceptiva autorización dos pais ou titores.

Xunto coa solicitude a persoa solicitante deberá presentar copia do seu Documento Nacional de Identidade e no caso de ser menor ademais da autorización dos pais ou titores debe achegarse tamén a fotocopia do DNI da persoa que autorice a participación da persoa solicitante.