Skip to main content
A Pobra do BrollónFolgoso do CourelQuiroga

As zonas afectadas polos lumes en O Courel, no punto de mira dos senadores lucenses

Por 6 Agosto, 2022Agosto 7th, 2022Sin comentarios

Os senadores lucenses solicitan ao Goberno central  declarar, “o máis axiña posible”, zona gravemente afectada por unha emerxencia de protección civil o territorio do Courel que sufriu os incendios orixinados o pasado 14 de xullo a causa dos raios producidos por unha tormenta e que afectou ao municipio de Folgoso do Courel, principalmente, e tamén aos da Pobra do Brollón e Quiroga.

Para iso será necesario elaborar un informe sobre os danos producidos por estes lumes que, en total, arrasaron 11.100 hectáreas incluíndo practicamente a totalidade das casas do núcleo de Vilar e unha vivenda na parte baixa de Froxán, cerca do río Lor, tras unirse os focos iniciados nas parroquias de Vilamor (en Folgoso do Courel) e Saa (na Pobra de Brollón).

A iniciativa que dirixen á Comisión de Interior recolle tamén a adopción de medidas dispostas na Lei para paliar os efectos do incendio – coma axudas a particulares e compensación á administración local polos gastos das súas actuacións-; “así coma outras medidas que contribúan a afrontar a recuperación e restauración dos impactos sobre as zonas danadas”, segundo explicou a senadora Rosa Arza.

Rosa Arza destaca, por outra banda, a rapidez da Xunta de Galicia que “unha semana máis tarde do orixe do incendio xa puxo un paquete con axudas directas para os veciños afectados”. Estas medidas inclúen contías económicas para as vivendas afectas, os aveños de primeira necesidade e para emendar os danos a locais, explotacións e empresas.

Os senadores populares piden, polo tanto, a mesma capacidade de resposta ao  executivo central. Rosa Arza afirma que: “Os veciños afectados tamén precisan o apoio explícito do goberno central”.