Skip to main content
Taboada

Taboada celebra as súas festas na honra á virxe dos miragres

Por 11 Agosto, 2022Agosto 12th, 2022Sin comentarios

Os días 12, 13, 14 e 15 de agosto, o concello de Taboada celebra as súas festas patronais coa actuación de numerosas orquestras, varias iniciativas e distintas actuacións.

As festas comezarán maña día 12 co festival da mocidade e verbena a cargo do grupo Alba ás 23.30 horas.

O sábado 13 ás 12.30 horas haberá misa solemne con sesión vermú a cargo da banda Folión Xograres de Lemos. Pola tarde os asistentes poderán desfrutar da iniciativa Saborea a túa provincia e das actuacións de Rechouchíos e Atlántica. Ás 23.30 horas a verbena estará amenizada pola orquestra Charleston Big Band e o Grupo Extra.

O domingo 14 de agosto a misa terá lugar ás 12.00 horas cunha procesión cantada pola Coral Polifónica de Taboada, sesión vermú a cargo da Banda de música de Chantada e pola tarde, ás 18.30 horas, terá lugar un partido de fútbol entre o CF Taboada e o Chantada Athlético no campo da Medela “Canti”. Pola tarde haberá un concerto da Banda de música de Chantada e xa ás 23.30 horas, verbena amenizada pola orquestra CiudadeVigo e a actuación dun DJ.

E por último, o luns 15, celebrarase a festa do óso na Medela cunha actuación musical, pola tarde terá lugar o festival folclórico que contará coas actuacións de: Os D´eiqui de Taboada, Cecuc de Costarica, e Academic Ensemble MMJ de Serbia, a partir da 19.30 horas. A partir das 00.00 horas haberá festa coa charanga Eravisto.