Skip to main content
Sarria

Unha vintena de sarriás viaxan a Guerlédan, na Bretaña Francesa

Por 7 Agosto, 2022Agosto 23rd, 2022Sin comentarios

A expedición, grazas á que se retoman os lazos entre as dúas rexións, permitirá desfrutar de catro días de actividades.

Con motivo do hermanamento que o concello de Sarria mantén desde fai dúas décadas con esta rexión do país galo, vinte persoas puideron vivir esta experiencia na que foron recibidos no centro cultural de Mûr de Bretagne cun cóctel de benvida. Comezaron a súa andaina o 4 de agosto e rematará maña.

A viaxe, promovida pola asociación Irmandade Sarria-Guerlédan conta coa participación de persoas de tódalas idades. Os participantes aproveitarán os catro días para realizar actividades diversas e así coñecer a zona, como por exemplo a posibilidade de asistir como público ao Festival de Lorient ou coñecer un refuxio de lobos, entre outras.

O hermanamento entre Sarria e Guerlédan tén as súas raíces no ano 1998 e, dende aquel entón, organízanse viaxes de intercambio. Nos anos pares os sarriás desprazanse á Bretaña francesa mentres que nos impares, son os galos os que visitan o municipio. O derradeiro contacto produciuse en xullo de 2019 (debido á pandemia pola covid-19), cando un grupo de 36 franceses pasou preto dunha semana en Sarria.