Skip to main content
CospeitoDeportes TERRACHÁXA

Organizan un curso de promoción do tenis en Muimenta

Por 28 Agosto, 2022Sin comentarios

O Club de tenis Muimenta organiza este outono clases de iniciación e perfeccionamento desta práctica deportiva que se celebrarán dende o 12 de setembro ao 9 de decembro.

As clases irán dirixidas a todos os públicos a partir de 6 anos de idade e contarán con monitor especializado e se realizarán en pavillón cuberto.

Os interesados en informarse e inscribirse poden facelo no teléfono 649 749 483 ou no correo tenismuimenta.blogspot.com.