Skip to main content
Axenda CaducadaCastro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

A parroquia de Ramil, de Castro de Rei, festexará as patronais esta fin de semana

Por 11 Agosto, 2022Agosto 14th, 2022Sin comentarios

A parroquia de Ramil, pertencete ao Concello de Castro de Rei, acollerá as festas patronais na honra a Santa Mariña a vindeira fin de semana do 12, 13 e 14 de agosto.

O venres 12 as festas comezarán ás 22.00 horas cunha gran churrascada popular que estará amenizada polo dúo Calú.

E a xornada do sábado 13, ás 13.30 horas oficiarase a misa solemne seguida de procesión. Ao finalizar o acto litúrxico, terá lugar a sesión vermú a cargo do grupo Alaska, formación que tamén amenizará a verbena da noite acompañado do dúo Zafiro.

A última xornada festiva comezará ás 14.00 horas coa celebración da misa solemne con procesión con gaitas seguida da sesión vermú a cargo do dúo Venus.