Skip to main content
Axenda CaducadaCastro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

O SLG falará nunha asemblea en Loentia sobre o impacto de Surexport

Por 26 Agosto, 2022Agosto 27th, 2022Sin comentarios

O Sindicato Labrego Galego convocou no local social de Loentia, en Castro de Rei, unha asemblea para falar sobre Os impactos da agroindustria Surexport nos montes comunais.

Será a propia secretaria xeral do SLG-CCLL, Isabel Vilalba a que participe neste evento, que terá lugar este sábado, 27 de agosto, ás 16.30 horas.

Como vimos alertando dende o ano pasado, a corporación andaluza Surexport está a acaparar terras na Galiza, onde quere instalar o seu modelo de explotación laboral e espolio natural”, indican.