Skip to main content
Axenda CaducadaGuitiriz

Volve o Parga Rock con sesión matinal e pasatabernas

Por 14 Agosto, 2022Setembro 3rd, 2022Sin comentarios

O Parga Rock regresa este ano con forza nas súas datas habituais da primeira semana de setembro. Cunha previa o día 2, o programa céntrase no día 3 coas actuacións da noite, para a que xa están confirmadas catro grupos de prestixio no panorama musical.

Abrirase a sesión con Raze, que se estrea no festival e seguirán cos composteláns  Tecor Socitário, banda de folk, punk rock moi solicitada polos seguidores do festival. 

Subiranse tamén ao carro Jolly Joker, descendentes aventaxados dos 60-70 xunto a Leo Jiménez, unha das mellores voces, senón a mellor, do panorama metaleiro nacional.

Pero este ano o festival contará tamén cunha sesión vermú rockeira que estará ao cargo de Cuarta Xusta, co rock máis comprometido e reivindicativo.

E pola tarde, non faltarán tamén os pasatabernas para vivir intensamente o Parga Rock na carballeira da localidade con entrada de balde.