Skip to main content
Axenda CaducadaGuitiriz

Volve o Parga Rock con sesión matinal e pasatabernas

Por 31 Agosto, 2022Setembro 3rd, 2022Sin comentarios

O Parga Rock regresa este ano con forza nas súas datas habituais da primeira semana de setembro. Cunha previa este venres 2, o programa céntrase no sábado coas actuacións da noite, para a que xa están confirmadas catro grupos de prestixio no panorama musical.

O sábado haberá pasatabernas a partir das 21.00. horas co grupo os Pantoxos polos bares da localidade. Ás 23.30 horas actuará no bar Recreo MR Kamándula.

O domingo abrirase a sesión cunha sesión vermú rockeira a cargo de Cuarta Xusta, ás 14.00 horas, para ir picando algo antes do propio festival co rock máis comprometido e reivindicativo.

Pola noite, ás 22.00 horas, abrirá a sesión Tecor Socitário, banda de folk, punk rock moi solicitada polos seguidores do festival. Continuarán xusto antes da medianoite Leo Jiménez, unha das mellores voces, senón a mellor, do panorama metaleiro nacional.

Á 1.45 será a vez de Jolly Joker, descendentes aventaxados dos 60-70 para que Raze, que se estrea no festival, ponga a clausura ao mesmo sobre as 3.30 da madrugada.

E pola tarde, non faltarán tamén os pasatabernas para vivir intensamente o Parga Rock na carballeira da localidade con entrada de balde. Estarán ao cargo de Caivanca.