Skip to main content
Axenda CaducadaMeira

Meira acolle mañá os Cantos de Taberna e a Festa da panceta

Por 12 Agosto, 2022Agosto 13th, 2022Sin comentarios

O sábado 13 de agosto, ás 20.00 horas, terá lugar a celebración dos Cantos de Taberna de Meira, unha actividade que serve de animación na localidade.

Nesta celebración colaborarán diferentes locais de hostalaría do Concello meirense e nesta ocasión contarán cos veciños pontenoveses Eco das Minas.

Acto seguido será a Festa da Panceta na que a partir das 21.30 horas na praza Maior haberá unha degustación desde produto por 2.50 euros con caña de cervexa incluída.