Skip to main content
Vilalba

Éxito das Actividades Fluviais da Deputación en Vilalba

Por 8 Agosto, 2022Sin comentarios

O Concello de Vilalba acolleu esta fin de semana unha nova xornada das Actividades Fluviais gratuítas da Deputación de Lugo con propostas de kaiak, pádel surf e inchables, entre outras actividades. Levouse a cabo no entorno da Área Recreativa da Madalena, contribuíndo a poñer en valor a riqueza natural do concello. Esta proposta de ocio activo, ao aire libre e que axuda a dinamizar a economía dos concellos remata a vindeira fin de semana nos concellos de Navia de Suarna, Alfoz e Negueira de Muñiz en horario de tarde.

As Actividades Fluviais súmanse a outras iniciativas que a Deputación de Lugo ten en marcha, como o programa de turismo deportivo e de aventura Actívate; o programa Coñece a túa Provincia, do que se beneficiarán esta tempada unhas 3.000 persoas de 135 asociacións, ou tamén o programa Saborea a túa Provincia, unhas xornadas de lecer e gastronómicas que terán lugar o mes de agosto.