Skip to main content
AlfozOurol

O ourolés Javier Mariño Chao presentará o seu libro, Las jarras del trotamundos, en Alfoz

Por 5 Setembro, 2022Decembro 13th, 2022Sin comentarios

Este sábado 10 de setembro o salón de actos da casa da cultura de Alfoz acollerá a presentación do libro Las jarras del trotamundos do ourolés Javier Mariño Chao. Esta cita será ás 20.00 horas.

Javier Mariño Chao, nado en Ourol en 1971, está a tentar conseguir o soño de viaxar por todos os países do mundo. Hoxe en día, leva visitados 159 e fáltanlle 36 para logralo. É profesor de ensino secundario, é licenciado en Ciencias Exactas pola Universidade de Santiago de Compostela, e actualmente desempeña o seu labor no IES María Sarmiento da localidade de Viveiro.

O lector vai atopar un libro de viaxes, soños e intriga con dose de amores e desamores. Mergullarase nunha novela dirixida a “a todas as persoas que loitan por conseguir os seus soños, sen importar a súa idade, aínda que estes sexan quiméricos, utópicos ou improbables”, confesa o autor