Skip to main content
A Pontenova

En marcha as obras do Centro de Maiores da Pontenova

Por 17 Setembro, 2022Setembro 19th, 2022Sin comentarios

Dende o Concello da Pontenova informaron de que nos vindeiros días comezarán as obras do Centro de Atención a Maiores proxectadas nunha parcela de máis de 2.000 metros cadrados na Chousa de Abaixo de Vilaoudriz.

Estas obras foron adxudicadas a Construcciones Jesús Naray S.L. por un investimento de case 1,97M€, en concreto, 1.977.569 euros.

Este días firmouse a acta de replanteo e agora a empresa ten dous meses para iniciar a obra. “Xa colocaron o cartel e agora tócanos limpar o solas para que podan marcar. Tamén teñen xa encargados os micropilotes para a cimentación”, informaron.

Este centro contará con 30 prazas de residencia e 20 de centro de día, seguindo o modelo propio que ten a Deputación de Lugo para a súa Rede de Residencias provinciais. O edificio terá dúas plantas, un semisoto e un ático e, para unha maior comodidade dos residentes, todos os cuartos estarán orientados cara o río Eo. As obras deberán estar executados nun prazo máximo de 15 meses.

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, destacou noutras ocasións “a importancia deste proxecto para a veciñanza deste municipio mariñán, froito dun traballo constante da institución provincial para cumprir cos compromisos adquiridos cos concellos. Con obras como esta achegamos os servizos públicos á xente e, polo tanto, mantemos a poboación no territorio para que o noso rural siga vivo”. 

A día de hoxe, a Deputación ten residencias en funcionamento en Trabada, Ribadeo, Pol, A Fonsagrada, Castroverde e Pedrafita do Cebreiro, e neste ano abrirá as de Meira e Navia de Suarna.