Skip to main content
Axenda CaducadaRibadeo

A parroquia de Cubelas, en Ribadeo, acolle a I Comida de produtos da horta e gandería do rural

Por 11 Setembro, 2022Setembro 17th, 2022Sin comentarios

A parroquia de Cubelas, no Concello de Ribadeo, acolle o vindeiro sábado 17 de setembro a I Comida de produtos da horta e gandería do rural de Ribadeo.

A xornada festiva comezará ás 13.00 horas coa misa solemne con procesión acompañada do Cuarteto de Mñusica Tradicional Xaramolo. Acto seguido será a sesión vermú co dúo Colimbo.

Ás 15.00 horas será a comida cun menú composto por fabada, tenreira asada con patacas e ensalada, sobremesa, bebida e café, e o xantar está amenizado de novo polo dúo Colimbo.

Tamén haberá inchables e actividades para os nenos e ás 21.30 horas será a festa remember anos 80 e 90 que contará con pop rock español e La Disquetera.