Skip to main content
Axenda CaducadaRibadeo

A Aula CeMIT de Ribadeo acollerá un curso sobre a sede eletrónica

Por 15 Setembro, 2022Setembro 20th, 2022Sin comentarios

A Aula CeMIT do Concello de Ribadeo acollerá un curso presencial sobre a sede eletrónica da Xunta. Será o 20 de setembro en horario de 18 a 20 horas. 

Desde a Aula CeMIT explican que “hoxe en día cada vez son máis as persoas que se relacionan de xeito telemático coa administración, e o abanico de trámites que se fan a través das diferentes sedes electrónicas dos organismos non fai máis que medrar”.

E engaden que “a través deste curso, coñecerase o funcionamento interno dunha das sedes electrónicas máis utilizadas en Galicia. Aprenderán cómo facer instancias, trámites, achegar documentación e moitos máis conceptos que serán explicados dun xeito que todo o mundo o poida asimilar”.

As persoas interesadas en asistir poden reservar a súa praza no teléfono 982 120 732 ou no correo electrónico cemit.ribadeo@xunta.gal