Ribadeo acollerá esta fin de semana as XVII Xornadas Mar por Medio, que durante moitos anos valeron para a proxección, análise, debate e estudo do que é a Galicia contemporánea.
Esta cita foi fundada polo que foi director do Centro de Estudos Galegos na Universidade de Oxford, John Rutherford, e que vinculou a este Concello singular da mariña lucense aos máis altos especialistas na visión e no estudo pormenorizado de moitísimas temáticas diferentes.
Ademais da temática que ten que ver cos camiños e cos peregrinos, haberá momentos para o lecer como é a actividade musical e tamén para facer unha referencia a unha poetisa ribadense da que este ano celebramos o seu centenario Luz Pozo Garza, a importancia da súa figura e da súa persoa estará presenta tamén nestas xornadas
Tamén analizaranse diversos aspectos do Camiño de Santiago e o fenómeno Xacobeo en xeral, coa participación de catedráticos de diferentes universidades, Académicos entre os que se atopa o Deán da Catedral de Santiago, D. José Fernández Lago, e persoas expertas en cada un dos temas que se van tratar, como poder ser a xornalista Esther Eiros no eido da comunicación. Ademais dentro das diversas actuacións musicais cabe destacar a intervención de María do Ceo.
O programa das xornadas, que terán lugar entre o 16 e o 18 de setembro en Ribadeo, está xa completamento pechado e para asistir hai que anotarse a través da web.