Skip to main content
Axenda CaducadaOurol

O cine na rúa chega a Ourol con ‘Cuñados’

Por 6 Setembro, 2022Setembro 10th, 2022Sin comentarios

Os Aturuxeiros de Bravos, no Concello de Ourol, continúa co seu programa de actividades no que terán Cine na Rúa e poderase desfrutar da película Cuñados. Será este sábado, 10 de setembro, ás 21.30 horas, no exterior do centro social e en caso de chuvia no interior.

Cuñados é un dos filmes máis vistos nos cines galegos durante o 2021 e que tamén foi nomeada a 16 premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual.

Eduardo e o seu cuñado Sabonis acaban de meter a pata nun dos seus negocios e precisan cartos. Moitos cartos. Será Sabonis quen lle atope a solución ao problema secuestrando a Modesto, cuñado de Alicia Zamora, a empresaria que os enganou e os deixou tirados. Só hai un pequeno problema: Alicia non pensa pagar un peso polo seu cuñado. Mais é o propio Modesto quen urde un novo plan co que Eduardo e Sabonis poderán salvar a adega familiar.