Skip to main content
Axenda CaducadaOurol

O cine na rúa chega a Órrea con ‘Cuñados’

Por 5 Setembro, 2022Setembro 10th, 2022Sin comentarios

Continúa o programa de Cine na Rúa con parada en Órrea, Riotorto, onde se poderá desfrutar da película Cuñados. Será este sábado, 10 de setembro, ás 22.00 horas, no campo da festa.

Cuñados é un dos filmes máis vistos nos cines galegos durante o 2021 e que tamén foi nomeada a 16 premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual.

Eduardo e o seu cuñado Sabonis acaban de meter a pata nun dos seus negocios e precisan cartos. Moitos cartos. Será Sabonis quen lle atope a solución ao problema secuestrando a Modesto, cuñado de Alicia Zamora, a empresaria que os enganou e os deixou tirados. Só hai un pequeno problema: Alicia non pensa pagar un peso polo seu cuñado. Mais é o propio Modesto quen urde un novo plan co que Eduardo e Sabonis poderán salvar a adega familiar.