Skip to main content
Axenda CaducadaLourenzá

Volve a Concentración de VespaFaba & Clásicos Lourenzá

Por 13 Setembro, 2022Outubro 2nd, 2022Sin comentarios

A Asociación Club VespaFaba & Clasicos Lourenzá presentou a súa nova concentración de scooters, motos e clásicas que coincide sempre coa celebración da Festa da Faba, o sábado 1 e domingo 2 de outubro.

Durante a xornada do sábado 1 contarán con scooters e motos clásicos que se poderán desfrutar desde ás 10.00 horas cunha exposición, probas de habilidade e máis sorpresas.

Xa ás 13.30 será o momento dos pinchos e a saída da ruta polo Val de Lourenzá para volver ao xantar campestre e a entrega dos premios. Así mesmo, haberá tempo de charla cos aventureiros que foron a Nordkapp, J. Aguirre e Cefe Martínez.

O domingo 2 de outubro volverá a exposición pero nesta ocasión de coches clásicos, e a ruta polo val para despois xantar no hotel Casa da Luz de Bretoña. Pola tarde volverán ao Concello laurentino e entregaranse os trofeos.

Para máis información será necesario chamar aos teléfonos 660 049 416, 689 008 073, 671 214 171 ou 669 452 430.