Skip to main content
O Corgo

Legua Dereita abre as aulas de música e baile tradicional

Por 29 Setembro, 2022Sin comentarios

A Asociación Cultural Legua Dereita esta a buscar nenos e nenas entre os catro e os sete anos para crear unha aula de canto infantil. A asociación conta tamén con un aula de baile infantil para rapaces de esa idade.

Para os rapaces de entre sete e dezaoito anos a asociación ofrece clases de baile e musica tradicional xuvenil e ademais das clases os mais novos tamén poderán desfrutar de actuacións, festas ou excursións.

Legua Dereita ofrece tamén cursos para todas as idades e con diferentes niveis dende iniciación ata perfeccionamento de gaita, percusión tradicional, acordeón, baile e canto tradicional ou guitarra.