Skip to main content
Axenda CaducadaLugo

O Breogán celebra un amigable benéfico o próximo xoves

Por 3 Setembro, 2022Setembro 8th, 2022Sin comentarios

A Fundación Breogán en colaboración co Concello de Lugo organizan un amigable benéfico entre o club lucense e o FC Porto. O encontro terá lugar no Pavillón Municipal dos Deportes o próximo xoves 8 de setembro ás 20.00.

Este será o primeiro encontro do Breogán ante a súa afección antes do inicio da tempada. As entradas, que xa están a venda, terán un prezo único de 5 euros e para os menores de cinco anos o acceso será gratuíto. Estarán dipoñibles por anticipado online e presencialmente desde horas antes do encontro en taquilla física.

Toda a recadación ira destinada a unha entidade benéfica escollida polos socios benefactores da Fundación Breoga.