Skip to main content
Lugo

Lugo acollerá tres novos espectáculos para todos os públicos a próxima semana

Por 3 Setembro, 2022Sin comentarios

Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, anunciou que a vindeira semana a programación cultural de rúa organizada polo Goberno de Lugo se ampliará con tres novas actividades nas rúas. “A praza Anxo Fernández Gómez converteuse neste verán no centro da actividade cultural para público familiar, e na última semana de vacacións escolares rematarán as actividades para nenas e nenos con tres propostas”, explicou Maite Ferreiro.

A programación cultural desta semana conta co último espectáculo do ciclo O que queda de verán, que terá lugar o xoves 8 a cargo da compañía Alta Gama co seuespectáculo Adoro. Unha obra que versas sobre as vicisitudes da parella fronte ao amor. Ela ven a deslumbrarnos coa súa voz e a súa música.

El, o seu axudante, que máis que axudar, interrompe. Un perfecto xogo de clown. Dous idiotas que enredan e pelexan. O resultado sempre é o mesmo: O público rí. Adoro é un espectáculo que nos invita a amar, rír e soñar. Un lugar onde as relacións de parellas e as súas complicacións lévanse con humor e alegría. Un show de “clown” con música en directo e sorprendentes acrobacias sobre a bicicleta.

As actividades ampliaranse o martes 6 e o mércores 7 con dúas propostas achegadas dentro do ciclo de animación do Xacobeo 2022, o 6 será o turno de Títeres Cachirulo ás 18.00, que achegarán o espectáculo Don Gaiferos e o Dragón, mentres que o mércores 7, tamén ás 18.00, Caramuxo Teatro achegará Na Casa, un espectáculo para bebés con música en directo.